Saturday 06 de June de 2026

Estudios Abertos enche os espazos artísticos da cidade na súa primeira xornada


O Concello destaca a resposta do público á iniciativa, que continúa este domingo con actividades en 55 estudios da Coruña

A primeira xornada de Estudios Abertos rexistrou este sábado unha gran afluencia de público nos diferentes espazos participantes desta iniciativa impulsada polo Concello da Coruña para achegar á cidadanía o traballo dos artistas e creadoras da cidade.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, visitou ao longo da xornada varios dos estudios participantes, entre eles o de Carmen Soriano, e destacou a boa acollida dunha proposta que permite coñecer de preto os procesos creativos e os espazos de traballo dos profesionais da arte da cidade.
Castro puxo en valor a calidade da creación artística coruñesa e o talento dos artistas locais, protagonistas dunha edición que reúne 55 estudios repartidos por diferentes barrios da Coruña e que ofrece ao público a oportunidade de achegarse á súa obra nun contexto aberto e participativo.
Estudios Abertos continuará este domingo cunha nova xornada de portas abertas e actividades nos espazos participantes, consolidándose como unha iniciativa de referencia para a promoción e difusión da creación artística local.

Deja un comentario