Saturday 06 de June de 2026

O Grupo Municipal Popular preguntará polo número de vivendas previstas en Oleiros para a próxima década.


Preocupa o crecemento incesante da poboación sen o necesario acompañamento de infraestruturas e servizos.

Nos próximos meses e anos está prevista a terminación ou a posta en marcha de diversos desenvolvementos urbanísticos e promocións residenciais en distintas parroquias do municipio, tanto de iniciativa pública como privada, que supoñerán un importante incremento do parque residencial da poboación de Oleiros e, en consecuencia, da demanda de servizos básicos, especialmente dos relacionados coa mobilidade como consecuencia do aumento do parque de vehículo9s.
Co fin de coñecer a planificación municipal en materia de vivenda, infraestruturas e servizos públicos, o Grupo Municipal Popular formulase ao Gobierno Municipal a seguinte pregunta:
Pode informar o Goberno Municipal do número de vivendas cuxa finalización e ocupación está prevista antes do 31 de decembro de 2036, desagregando a información por parroquias e urbanizacións ou ámbitos de desenvolvemento urbanístico, indicando para cada unha delas:
1. A súa localización ou ámbito de actuación
2. Número total de vivendas previstas
3. Tipoloxía (vivenda colectiva, unifamiliar illada, encostada, pareada ou outras)
4. Réxime xurídico (vivenda libre, vivenda protexida, promoción pública, cooperativa ou outras modalidades)
5. Estado actual de tramitación ou execución de cada actuación
6. Data prevista, no seu caso, de finalización das obras
7. Data estimada para a súa ocupación afectiva.

Así mesmo, solicítase que se indique a poboación potencial adicional que estima o Concello que xerarán estes desenvolvementos residenciais e as medidas previstas para garantir a adecuada prestación de servizos públicos, infraestruturas viarias, abastecemento, saneamento, equipamentos educativos, deportivos e sociais asociados ao devandito crecemento.

Deja un comentario