Uns 40 postos integran a feira que se desenvolverá durante o verán
A parroquia ribeirense de Aguiño volverá contar co seu mercado ambulante durante este verán a partir do luns, 8 de xuño.
A periodicidade será semanal, celebrándose os luns, en horario de 09.00 a 14.00 horas, na rúa Castelao, nas súas proximidades ao porto. Uns 40 postos integran a feira, 8 deles de alimentación.
O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, explica que “volvemos achegar este servizo á cidadanía de Aguiño como xa é habitual no verán. Trátase dunha demanda veciñal á que damos resposta no período estival ao ser unha das parroquias con maior poboación, a cal se ve incrementada durante esta época. En vindeiras datas anunciaremos tamén esta medida noutras parroquias do noso municipio.”



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.