O Concello de Ribeira interveu para dar solución a esta demanda veciñal
O Concello de Ribeira interveu para que os residentes da rúa Barbanza poidan desfrutar xa de fibra óptica, dando así resposta a unha demanda veciñal.
Para que isto se materializara, o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, explica que a Administración local “fixo as xestións pertinentes para que a empresa distribuidora da zona achegase este servizo a veciños e veciñas da rúa Barbanza, no centro da cidade; algo que levaba pendente, polo menos, dous anos.
Agora xa poden navegar por Internet cunha mellor conexión e maior velocidade, tendo mellores garantías, especialmente, nun mundo cada vez máis dixitalizado e no que hai xente que ten a opción de teletraballar, ademais da rapazada que ten moitos traballos que son por portais educativos.”
Continúase así coa folla de ruta marcada polo Concello de Ribeira para xestionar a chegada da fibra óptica a máis espazos do municipio, tanto da cidade como das parroquias, como xa sucedeu no lugar de Cobas, en Castiñeiras, meses atrás.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.