Thursday 04 de June de 2026

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e o Concello de Brión abren inscricións nos cursos de piragüismo para maiores de 8 anos


O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, convoca unha nova edición dos cursos de piragüismo, dirixidos a persoas maiores de 8 anos e que terán lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons).

As clases terán lugar nos meses de xullo e agosto, divididos en varias categorías de idade nas tardes dos venres, en horario de 18:00 a 20:00 horas. As persoas participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín. Ademais, ofrecerase tamén a posibilidade de continuar os sábados entre febreiro e maio, en horario de 11:00 a 12:00 horas.

Para participar non é preciso ter coñecementos previos deste deporte, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición. De feito, a cota de inscrición é, precisamente, o pago da correspondente licenza federativa, segundo a idade do participante. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 88 70 08.

Deja un comentario