Segundo anunciara o goberno local en comisións informativas o inicio da campaña de rozas de este verán comezaría a finais de maio.
Alternativa ven realizando un seguimento do servizo, reclamando que se informe á veciñanza sobre o calendario previsto e trasladando incidencias en diferentes puntos onde a vexetación está máis descontrolada.
O executivo local está a recoller as incidencias comunicadas, pero os traballos seguen sen iniciarse.
Alternativa está a insistir especialmente nas zonas onde as malas herbas limitan a accesibilidade e a seguridade viaria.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.