O Concello de Carballo dinamiza o seu tecido asociativo e activa o escudo social municipal coa apertura do prazo de solicitude para tres liñas de subvencións aprobadas pola Xunta de Goberno Local. Estas son as convocatorias abertas:
• Axudas para o pago de subministracións enerxéticas: esta liña ten por obxecto protexer ás familias máis vulnerables ou en risco de exclusión social axudándoas a facer fronte ao pago de electricidade e gas. Vai destinada a persoas beneficiarias do bono social eléctrico e a fogares nos que algún dos seus integrantes reciba tratamentos de osixenoterapia ou diálise peritoneal. A convocatoria conta cun crédito orzamentario total de 30.000 euros e establece unha axuda fixa de 200 euros nun único pago por beneficiario/a. O prazo de presentación de instancias esténdese do 4 ao 18 de xuño.
• Subvencións a entidades deportivas para proxectos de actividade xeral: Trátase da partida máis cuantiosa, dotada con 165.000 euros cargados á aplicación de subvencións de fomento do deporte non nominativas. Está deseñada para cofinanciar a xestión ordinaria dos clubs nas súas competicións federadas ou formativas durante a tempada 2026. As solicitudes poden tramitarse ata o 29 de xuño.
• Subvencións para a organización e participación en fases de ascenso e campionatos de España: unha liña dotada globalmente con 16.000 euros de crédito orzamentario para apoiar o financiamento de clubs que acaden fases de ascenso a competicións nacionais ou disputen campionatos de España. O importe máximo será de ata 6.000 euros por beneficiario. O prazo de solicitude abranguerá todo o mes, do 1 ao 30 de xuño.
• Eventos deportivos extraordinarios: esta liña está dotada con 13.000 euros para a celebración de eventos deportivos de carácter extraordinario. O importe máximo será de ata 1.500 euros por evento. O prazo de solicitude abranguerá todo o mes, do 1 ao 30 de xuño de 2026.
As bases completas e os impresos de solicitude están dispoñibles no apartado específico de Axudas e Subvencións da páxina web oficial do Concello: https://carballo.gal/axudas-e-subvencions/.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.