Wednesday 03 de June de 2026

A Senra acollerá a presentación de “Agosto dezaseis”, o terceiro libro de Juan Fariña


● A presentación terá lugar o xoves, 18 de xuño ás 19.30 horas.
● O acto estará presidido por Alejandra Pérez Máquez, alcaldesa de Bergondo.

O Concello de Bergondo e a editorial Medulia organizan a presentación da terceira obra literaria de Juan Fariña. O acto terá lugar na Senra o vindeiro xoves 18 de xuño ás 19.30 horas e estará presidido pola alcaldesa do municipio, Alejandra Pérez Maquez.

“Agosto dezaseis” é o título da nova obra de Juan Fariña, escritor e edil de Bergondo. Este novo traballo amplía a súa bagaxe como escritor, sumándose ás súas dúas obras xa publicadas anteriormente: “As Cartas de Abel” (2020) e “Ou que foi” (2022).

A obra preséntase como unha novela coral onde a fronteira entre personaxes protagonistas e secundarios difumínase; cada un deles é unha engrenaxe cuxa historia actúa, ao mesmo tempo, como trama principal. A trama sucede no barrio da Vila durante o mes de agosto e explora as vivencias dun grupo de persoas moi heteroxéneo a través de relatos que, xa sexan particulares ou grupais, desenvólvense nun mundo alternativo ao real.

O autor, natural da parroquia de Santa Marta de Babío, compaxina a súa faceta de escritor co seu labor como edil na corporación municipal de Bergondo.

Deja un comentario