A raíz da campaña de denuncia da marxinación do Goberno da Xunta, numerosos veciños e veciñas están a dirixirse ao Concello para amosar a súa indignación pola inexistencia de beirarrúas na avenida Isaac Díaz Pardo: unha estrada urbana que conecta importante zonas residencias que suman máis de 5.000 habitantes con áreas comerciais, centros educativos, instalacións deportivas, Centro municipal de formación, Aspronaga…..
A ausencia total de investimentos nas estradas autonómicas de Oleiros estana a sufrir especialmente as persoas con mobilidade reducida. A situación é especialmente grave na avenida Isaac Díaz Pardo, onde están ubicadas as residencias de Aspronaga, con 86 persoas usuarias que para moverse con cadeiras de rodas vense obrigadas a circular pola estrada, co conseguinte perigo que isto supón.
É unha vergoña que a Xunta de Galicia atente desta maneira contra a seguridade das persoas. O Concello de Oleiros leva anos reclamando beirarrúas nesta estrada. Foron varias as reunións celebradas con distintas conselleiras, escritos, informes… sen que en ningún momento se dignasen nin a contestar.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.