Alternativa realizou as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia para impulsar o Plan de Conservación do ENIL Río Abelleira e favorecer a súa aprobación definitiva.
Trás a súa exposición pública, en xullo de 2025, non se rexistraron avances por parte do actual goberno local neste expediente.
Esta situación quedou evidenciada no último pleno, cando o alcalde afirmou que “estaba todo feito” respecto a este expediente. Porén, a realidade administrativa é ben distinta, xa que nin se avanzara na súa tramitación, nin se incluíu a partida mínima de 12.000 euros no orzamento para a conservación do ENIL .
O Plan de Conservación ENIL Río Abelleira foi promovido polo goberno de Alternativa logrando a súa publicación para información pública en xullo de 2025, a pesar de que levaba estancado dende o 2017.
A formación é crítica coa parálise do expediente por parte do goberno local, sinalando que a defensa do patrimonio natural require compromiso real e traballo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.