Tuesday 02 de June de 2026

Reordenación tráfico rúa Xeneral Morgado


O Concello de Neda vén de reordenar o tráfico na rúa Xeneral Morgado, acceso principal ao casco antigo, co fin mellorar a fluidez, e optimizar a seguridade viaria. A cuadrilla do PEL ocupouse nas últimas semanas dos traballos de sinalización horizontal e vertical – pintado de liña amarela e colocación de sinais- nunha das beiras desta vía de dobre dirección na que, por mor do estacionamento nas dúas marxes, resultaba practicamente imposible que se cruzaran dous coches.

A prohibición de estacionar cínguese ao treito comprendido entre a intersección coa rúa Sobre a Vila e a confluencia coa Concepción Arenal.

Deja un comentario