Wednesday 03 de June de 2026

O Concello comparte e apoia as reclamacións do ANPA do CPI Castro Baxoi ante a Xunta


• As familias piden solucións urxentes para as deficiencias nas infraestruturas do centro e corrixir a perda de 45 minutos lectivos semanais na ESO

O Concello de Miño mostra o seu firme apoio ás reclamacións do ANPA do CPI Castro Baxoi para que o alumnado desfrute das mesmas condicións no centro que toda a comunidade educativa galega. Desde a Asociación remitiron formalmente unha carta á Secretaría de Presidencia da Xunta de Galicia solicitando que esta sexa trasladada ao presidente.
No escrito mostran a preocupación das familias do centro ante o estado das infraestruturas, especialmente a cuberta e a fachada, así como outras cuestións que afectan á seguridade e a calidade educativa do alumnado. Tal e como se pode ler na carta, a asociación defende que “continúan sen levarse a cabo necesidades estruturais fundamentais para garantir unhas condición dignas e seguras para ou alumnado, obrigando na actualidade a balizar zonas para evitar que vos nenos e meniñas pasen por elas, coincidindo que se trata cunha dás saídas de emerxencia”.

A todo iso hai que sumar a situación dos horarios da Educación Secundaria Obrigatoria non é correcta. Actualmente, o alumnado da ESO soporta unha redución efectiva de 45 minutos lectivos semanais derivada da organización do transporte escolar, situándose nunha situación de desigualdade en relación con outros centros educativos. As familias entenden, segundo manifestan, que “esta realidade afecta directamente á igualdade de oportunidades, á calidade educativa e ao dereito do alumnado a recibir unha formación nas mesmas condición que ou resto do estudantado galego”.

Desde a asociación resaltan que levan anos trasladando estas demandas por diferentes vías institucionais e que o seguirán facendo desde o diálogo, o respecto e a colaboración, pero tamén coa firmeza que require a defensa dos seus dereitos.
O ANPA mantén, así, o seu compromiso de traballar polo benestar das familias e do alumnado, defendendo unha educación pública de calidade, en condicións de igualdade e cunhas instalacións seguras e digas. Por iso, esperan que a súa solicitude sexa atendida e que poidan manter un encontro no que trasladar directamente as necesidades e preocupacións da comunidade educativa do CPI Castro Baxoi.

Deja un comentario