Wednesday 03 de June de 2026

As rúas do Tuto, Castro, Navas e Cadaval seguen á espera da renovación do pavimento


Alternativa preguntou no pleno polo estado da actuación de renovación de pavimento nas rúas As rúas do Tuto, Castro, Navas e Cadaval na zona de Castro-Laxe.

A veciñanza leva tempo reclamando esta mellora tras os numeros anuncios e, incluso, a colocación dun cartel anunciando a execución da obra hai xa máis de dous anos.

Pero na actualidade tampouco hai novidades, a pesar de que a actuación foi incorporada este ano no Plan Único de Concellos da Deputación de A Coruña cunha inversión de 122.896,98 euros.

Alternativa solicitou información ao goberno municipal sobre a situación do expediente e os prazos previstos desta actuación demandada pola veciñanza e anunciada en reiteradas ocasións sen avances.

Deja un comentario