Wednesday 03 de June de 2026

Sen novidades para a xuventude


Alternativa solicitou información sobre os avances da proposta para abrir un proceso participativo dirixido á mocidade e ás súas familias, co obxectivo de identificar necesidades e orientar a creación ou recuperación de programas de actividades.

A iniciativa, aceptada polo goberno local o pasado mes de marzo, permitiría deseñar unha oferta adaptada ás demandas reais da xuventude sen requirir un importante consumo de recursos municipais.
Porén, segundo trasladou o executivo, a proposta continúa en fase de estudo e non existen novidades relevantes sobre a súa posta en marcha.
Desde Alternativa lembran que a área de Xuventude é unha das máis afectadas pola crise institucional xerada polo anterior goberno, coa eliminación de numerosos programas de ocio educativo, que non se substituíron, e cunha falta de persoal que aínda non foi corrixida.
O grupo considera prioritario avanzar na recuperación de servizos e actividades para a mocidade, que continúa sen unha programación de ocio educativo e participación.

Deja un comentario