A mocion presentada por Alternativa instaba ao goberno local a realizar unha nova exposición pública do inventario de camiños municipais unha vez resoltas as alegacións e antes da súa aprobación definitiva.
Alternativa considera que o elevado número de alegacións rexistradas pode supoñer modificacións relevantes do documento, polo que defende que a veciñanza teña a oportunidade de coñecer e revisar a versión resultante antes da súa aprobación.
Porén, o goberno local e os dous concelleiros tránsfugas votaron en contra da urxencia da proposta, impedindo que a moción chegase a ser debatida no pleno.
Alternativa lamenta esta decisión ao entender que a proposta buscaba reforzar a transparencia, a participación veciñal e a seguridade xurídica nun asunto de especial relevancia para o municipio e que afecta directamente a moitas veciñas e veciños.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.