Alternativa presentou no último pleno unha moción para que os fondos do Plan Único (POS) da Deputación da Coruña destinados ao Concello de Carral se empreguen na execución da rede de saneamento nos núcleos de Sumio, Quembre e Veira.
O grupo defendeu que se trata dunha actuación que da resposta a unha demanda histórica da veciñanza, dando continuidade ao saneamento en Cañás, San Vicente, Tabeaio e Sergude.
Porén, a proposta foi rexeitada polo goberno local e os concelleiros transfugas, argumentando o elevado custo da actuación.
Desde Alternativa consideran que o acceso ao saneamento non pode quedar relegado por criterios económicos cando existen ferramentas de financiamento específicas. E critica a negativa do goberno como un bloqueo na igualdade de prestación dos servizos básicos nas diferentes zonas do municipio.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.