Alternativa trasladou ao goberno municipal as queixas da veciñanza de Castro-Laxe polo resultado dos últimos traballos de roza realizados na zona.
O grupo demandou unha maior planificación e control das actuacións, así como comunicación previa coa veciñanza para evitar que os vehíuclos estacionados impidan completar os traballos previstos.
Ademais, residentes da zona denuncian deficiencias na execución das rozas e a falta de limpeza posterior, quedando restos vexetais pola estrada ou nas propias cunetas.
Alternativa fixo especial fincapé na contorna do lavadoiro, onde considera que o estado tras os traballos é claramente mellorable, especialmente ao tratarse dun elemento do patrimonio local.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.