Por último, o domingo pola mañá tamén se desenvolveu a tradicional Ruta ciclista en familia, que este ano reuniu a arredor de 140 participantes, a maioría rapazada. O día solleiro prestouse para unha saída en bici moi doada que comezou no CPI de San Sadurniño e que chegou até a área recreativa de Lamas antes de desfacer o camiño seguindo pistas e carreiros.
A saída foi a primeira das actividades do programa Sansa en rodas, que depara varias probas de aquí ao mes de outubro. A máis inmediata será a V BTT Concello de San Sadurniño do próximo 14 de xuño, que se simultaneará co III Trail de Montaña e cunha Andaina.
Posteriormente, o domingo 19 de xullo, o club ciclista Biela e Chaveta -organizador do calendario con apoio loxístico e económico do Concello de San Sadurniño- promove a I Ruta dos Castelos, que dará unha grande volta por Moeche, As Somozas e San Sadurniño.
O venres 7 de agosto tocará volver subir á bici para a terceira edición da esixente Cronoescalada Sanrockeira, en Naraío, que este ano tamén terá versión a pé.
Por último, esta cumprida temporada de eventos ciclistas -dispoñible en www.bielaechaveta.gal- rematará o venres 2 de outubro coa Ruta nocturna BTT.
O club ciclista tamén colabora co Concello de San Sadurniño na organización da XI Carreira Popular que se vai desenvolver este domingo 7 de maio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.