Thursday 21 de November de 2024

Arranca a sétima edición de ‘Nocturnia’ que con 1.000 prazas en máis de 40 actividades


 

Máis de 10.600 persoas participaron no programa de ocio alternativo dende finais de 2011, alcanzando unha participación media do 93%
O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, presentou unha nova edición de Nocturnia, o programa municipal de ocio alternativo dirixido a mozos de entre 12 e 30 anos e que hoxe abre o seu prazo de inscrición. En concreto, na súa sétima edición, que comprende o último trimestre do ano, ofértanse 955 prazas para as 40 actividades que se realizarán entre o 31 de outubro e o 13 de decembro.

“O programa de ocio da Concellaría mantén a súa aposta polas artes escénicas, a práctica deportiva, a sostibilidade a través da reciclaxe e o descubrimento da cidade e a súa historia a través de propostas lúdicas serán o marco das actividades cuxo deseño e planificación foi posible grazas á participación de 25 asociacións -xuvenís, culturais e deportivas-, colectivos e entidades, foron un piar fundamental no seu deseño e planificación”, explicou Mourelo.
O concelleiro responsable da área de Xuventude destacou que, en total, durante o ano 2014 se terán ofrecido 3.425 prazas, un 30% máis que as 2.625 de 2012.

“Nocturnia consolídase como un programa de extraordinaria acollida, grazas ao modelo de participación directa que establecemos dende o principio. Neste sentido, e tendo en conta esta filosofía, nesta edición quixemos render homenaxe aos mozos que participan nas actividades facéndoos protagonistas da campaña. Así, son eles e elas, novos de 12 a 30 anos seguidores de Nocturnia e as súas propostas, os que poñen cara ao programa baixo o lema Facemos algo esta noite?, tras participar nunha divertida sesión fotográfica no mes de setembro”, destacou Mourelo, quen explicou que a sesión fotográfica será o eixe da exposición que se inaugurará o próximo 3 de novembro sobreNocturnia, mozos e ocio que pretende homenaxear e visibilizar as persoas que rodean e que fan posible este programa.

Como en anteriores ocasións, o programa de ocio alternativo incluirá actividades físico
– deportivas como zumba, jugger ou sendeirismo; lúdico – recreativas como cociña do mundo, talleres de elaboración de produtos artesanais e customización ou de elaboración de bebidas; formativas – tecnolóxicas como distintos talleres de fotografía; ou artístico – creativas, que inclúen iniciativas relacionadas co baile, maquillaxe, gravado, cestaría, maquetas ou cabaré. A iniciativa arranca o próximo venres, 31 de outubro, e a inscrición pode realizarse, a partir de hoxe, na páxina web de Xuventudewww.coruna.es/nex e, posteriormente, a mesma semana -de domingo a xoves- previa á celebración das actividades.
O peche do programa poñerao a actuación de Los Duguis Impro, o 13 de decembro na Ágora, co seu espectáculo Cadena Impropetuano que, ademais do público asistente, acudirán os participantes do Taller de improvisación, impartido por este colectivo en Nocturnia.

O programa municipal de ocio dirixido a mozos, no que participaron máis de 10.600 persoas dende finais de 2011, contou cunha valoración do 8.5 sobre 10 por parte dos usuarios e unha ocupación media superior ao 93%. De feito, ante a demanda de propostas xuvenís durante o verán, o programa incrementouse tamén durante os meses de xullo e agosto, contando cunha ocupación do 100% das prazas ofertadas nas súas dúas edicións: 2013 y 2014.