Interviñeron no tramo comprendido entre A Ladeira ata case Balieiros
Ribeira despediu o mes de maio coa segunda limpeza de costa en Corrubedo promovida polo Concello xunto con Grip Surf School, ademais doutras entidades. Esta acción medioambiental permitiu liberar o tramo comprendido entre A Ladeira ata case Balieiros de dúas toneladas de lixo entre plásticos, bidóns de aceite e outros residuos.
Nesta xornada participaron unhas 150 persoas voluntarias que botaron unha man para o acondicionamento da contorna marítima desta parroquia ribeirense á que tamén se sumaron a alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes; e o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.