Monday 01 de June de 2026

Unha vintena de parellas opta a gañar a IV Liga de Pádel de Carral


• Entre mediados de marzo e o pasado 22 de maio disputáronse máis de 70 encontros, dos que saíron as clasificacións que configuraron os cadros eliminatorios.

• Esta competición encádrase dentro das accións impulsadas polo Concello de Carral para fomentar o deporte, a saúde e promover alternativas de lecer activo entre a poboación.

O Concello de Carral organiza a IV Liga Municipal de Pádel, unha competición de carácter afeccionado que entra xa na súa fase de eliminatorias tras máis de dous meses de competición. Esta edición, que comezou no mes de marzo, contou cun total de 25 parellas rexistradas, distribuídas en dúas categorías.

Entre mediados de marzo e o pasado 22 de maio disputáronse máis de 70 encontros que serviron para a dirimir a clasificación das parellas participantes.

Na categoría B clasificáronse un total de 16 parellas para a fase final, que se desenvolverá entre o 26 de maio e o 14 de xuño, data prevista para a disputa da final entre as dúas mellores formacións. Pola súa banda, na categoría A clasificáronse sete as parellas que competirán polo título ata a celebración da final. O Concello destaca o crecemento continuo desta iniciativa, que na súa primeira edición contaba con apenas oito parellas e que alcanza este ano a súa maior cifra de participación. A liga mantén ademais o seu espírito de convivencia, lecer e práctica deportiva non competitiva, favorecendo a participación e o fomento de actividades saudables e accesibles.

Esta competición encádrase dentro das accións impulsadas polo Concello de Carral para fomentar o deporte, a saúde e promover alternativas de lecer activo entre a poboación.

Deja un comentario