Terá lugar este domingo no restaurante Barreiro e incluirá baile
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebrará o vindeiro domingo, 8 de maio, a súa xuntanza anual. O restaurante Barreiro, situado na parroquia de Leira, acollerá un xantar seguido de baile. A cita está posta para as 14.30 horas, polo que a partir das 14.15 horas sairá da Alameda de Ordes un autobús para as persoas que non dispoñan de vehículo propio. As inscricións estanse a levar a cabo na tenda de complementos María Corbelle, na avenida Alfonso Senra. O prezo por persoa ascende a 30 euros.
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes conta a día de hoxe con máis de 200 membros. Entre as múltiples actividades que desenvolven figuran charlas informativas, viaxes culturais, clases de cociña, palillos, traballos manuais, cursos de restauración etc.