Repartíronse un total de 12 baldes para chegar a máis cidadanía
O Concello de Ribeira segue na súa aposta de reforzar a reciclaxe coa entrega de 12 caldeiros á Asociación de Veciños de Carreira para depositar residuos orgánicos no colector marrón.
A este respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, explica que, “se ben é unha acción simbólica, trátase de seguir sensibilizando e incidindo no seu uso por parte da cidadanía. Nesta ocasión, fixémosllo chegar a unha entidade con numerosos integrantes para chegar a parte dos veciños e veciñas de Carreira.” O edil convida a toda a poboación a implicarse na redución do peso da fracción do resto e botar man das ferramentas que pon a Administración local á súa disposición e avanzar así cara unha sociedade máis verde.
Cómpre lembrar que no colector marrón unicamente deberán depositarse residuos orgánicos tales como os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas ou cortizas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.