Thursday 28 de May de 2026

O pleno aproba o pago das actuacións culturais tras o novo intento de bloqueo de UxC


Alternativa, PP, PSOE e BNG aprobaron co seu voto favorable o pago de 34.567 euros en facturas correspondentes as actuacións artísticas celebradas no 2025 ao abeiro da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

UXC votou novamente en contra do expediente ao non prosperar unha emenda presentada polo grupo e que non contou co apoio do resto das formacións políticas.
Nesta terceira ocasión, un informe técnico maís detallado precisou as deficiencias administrativas existentes no procedemento, derivadas da falta da correspondente retención de crédito na contratación das actividades culturais.
Alternativa valora positivamente que finalmente se puidese desbloquear o pagamento das actuacións realizadas, evitando un maior prexuízo para provedores e programación cultural vinculada ao Concello. É manifestase crítico coa política “desconstructiva” de UXC.

Deja un comentario