Thursday 28 de May de 2026

Cariño aposta pola conciliación familiar cunha nova edición do seu campamento de verán


• As inscricións estarán abertas ata o martes 16 de xuño e contan cun prezo de 20 euros por participante.

• A proposta municipal desenvolverase en varias quendas entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, todas elas nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne.

• A alcaldesa, Ana María López, destaca que “seguimos traballando para ofrecer recursos útiles ás familias, especialmente durante o verán, cando moitas necesitan apoio”.

O Concello de Cariño abre o prazo de inscrición para participar no campamento de verán ‘Cariño Concilia Verán 2026’, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante os meses estivais a través dunha oferta de lecer educativo e saudable para nenos e nenas do municipio.

O campamento desenvolverase en varias quendas entre o 1 de xullo e o 31 de agosto nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne, en horario de 9.30 a 14.30 horas. As inscricións poderán formalizarse ata o martes 16 de xuño ás 12.00 horas a través da páxina web escuelascontalento.es, coas bases dispoñibles para a súa consulta na páxina web municipal.

A actividade contará cun máximo de 36 prazas para menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Desde o Concello de aposta por prezos accesibles que fagan posible a participación para todas as familias.
‘Cariño Concilia Verán 2026’ ofrecerá unha programación centrada na aprendizaxe e a diversión, con propostas como yincanas, talleres de creatividade e enxeño, actividades de ciencia, música e movemento, xogos deportivos, actividades acuáticas e excursións.

A alcaldesa, Ana María López, destacou que “desde o Concello seguimos traballando para ofrecer recursos útiles ás familias, especialmente durante o verán, cando moitas necesitan apoio para compatibilizar as súas responsabilidades laborais e familiares”.
Así mesmo, a rexedora sinalou que “este campamento non só facilita a conciliación, senón que tamén garante aos nenos e nenas un espazo educativo, dinámico e seguro no que desfrutar das súas vacacións”.

Deja un comentario