O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, organiza cursos de piragüismo para rapaces e rapazas maiores de 8 anos, que terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). A cota de inscrición será o pagamento da correspondente licenza federativa do alumnado e poderá formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.
As clases terán lugar todos os venres de xuño, xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín. Non é preciso ter coñecementos previos deste deporte para participar, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición.