Alternativa instará ao goberno a facer unha reparación provisional dos parques infantís, á espera dunha remodelación máis integral.
O grupo volverá a poñer en xaque o lamentable estado dos parques infantís e demandará “un parcheo” urxente das instalacións.
O deterioro é desolador e afecta tanto a zonas urbanas, como os do centro de Cambre ou o Barco de O Temple, como os situados no rural, como o de Pravio.
“A pesar de ser consecuencia de anos de abandono e mala xestión no mantemento durante os últimos anos, ante a situación actual, o actual goberno ten que tomar algunha medida de mantemento provisional, ata que a situación permita solucións definitivas.” matizan dende Alternativa.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.