Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso organiza un programa de conciliación para o 16 de maio polas vacacións escolares do Día das Letras Galegas


O Concello de Oroso organiza “Ponte Letras Galegas”, un programa de conciliación familiar para nenos e nenas de 3 a 12 anos que terá lugar o luns 16 de maio, coincidindo coas vacacións escolares co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas. As inscricións deberán formalizarse antes do 13 de maio no Centro Cultural de Sigüeiro (981 690 903) ou na Escuela ConTalento (881 981 905).

Inicialmente, o programa terá lugar en horario de 7:30 a 15:30 horas, aínda que a organización ofrece ás familias a posibilidade doutros horarios adaptados ás súas necesidades. O prezo é de 10 euros, oito euros no caso de optar por un horario reducido de 9:00 a 14:00 horas. Tamén haberá posibilidade de acceder a servizos de almorzo, xantar e merenda.