Wednesday 27 de May de 2026

O BNG do Pino alerta do perigo de derrube da Ponte das Canizas


Esixe ao goberno municipal unha actuación urxente que poña fin ao deterioro

O portavoz, Xosé Luís Vidal Brocos, demanda que se poña fin aos riscos dunha infraestrutura pola que pasan distintas rutas de sendeirismo

OO BNG do Pino esixe ao goberno municipal que inicie actuacións urxentes para poñer freo ao gravísimo deterioro da Ponte das Canizas, cos piares especialmente afectados. O portavoz, Xosé Luís Vidal Brocos, alertou do perigo que pode supor o derrube desta instalación xa que a ponte é un dos puntos que atravesan rutas de sendeirismo da comarca.

A ruta circular de sendeirismo Ponte das Canizas-Ponte de Carolo ten no seu traxecto algúns puntos que supoñen un perigo para as persoas que camiñen por ela, en especial, no tramo que atravesa a primeira ponte que se atopa nun avanzado estado de deterioro ao que o BNG quere poñer fin para eliminar o perigo que supón para quen camiña por ela.

“A ponte está a punto de caer e, ademais das perdas materiais, pode producirse unha desgraza xa que cada día son moitas as persoas as que a atravesan”, sinala o portavoz municipal, Xosé Luís Vidal Brocos.

De novo, e dado que o goberno do PP non atendeu as peticións que xa fixeron o anterior mandato, o BNG levará o tema ao pleno para conseguir mobilizar o goberno municipal co compromiso de arranxar os desperfectos. “Os veciños levan anos comentando e avisando de que igual pode caer a ponte con risco para quen a atravesa pero o PP sigue mirando para outro lado”, sinala Vidal Brocos.

No pasado mandato, o BNG xa esixiu o seu amaño. Desde entón, non se fixo traballo de reparación, e o risco seguiu a aumentar, aínda máis, tendo en conta a subida do río en invernos moi húmidos como o que acabamos de vivir”, sinala a organización nacionalista.

O BNG lamenta a falta de compromiso e parálise do alcalde que, desta volta, respondeu que ía poñer en común a cuestión co alcalde de Oroso para pedir axuda conxunta á Xunta cando se trata dunha ponte situada na súa totalidade en terreo do concello do Pino.

Malia esta situación extrema, o goberno municipal do Pino desoíu ao BNG que xa levou durante o anterior mandato unha protesta ao pleno do concello. “Desde entón, non se fixo ningún traballo de reparación, e o risco seguiu a aumentar. Máis aínda, tendo en conta a subida do río en invernos moi húmidos como o que acabamos de vivir”, sinalan desde o BNG que seguirá insistino até poñer fin a un problema que pode ter consecuencias se non se actúa con eficacia e se recupera a infraestrutura que está na actualidade nun pésimo estado.

Deja un comentario