O importe do contrato supera os 16.000 euros
O Concello de Ribeira saca a licitación a adquisición de cámaras de videovixilancia para o control intelixente da mobilidade dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiado con fondos Next Generation. En concreto, consiste na subministración e configuración dun kit de videovixilancia composto por cinco cámaras domo PTZ, router 5G, soporte, caixa de conexión, alimentación PoE, protección e materiais auxiliares.
Estas cámaras substituirán ás actualmente existentes na praza do Concello, na praza do Centenario, na avenida do Malecón, na rotonda de Amas de Casa e na rotonda de Padín. Ademais, recóllese a subministración, configuración e posta en marcha dunha cabeceira central de gravación e comunicacións.
O orzamento de licitación situouse nos 18.029 euros, con IVE incluído. A empresa Phebus Sistemas Inteligentes, S.L.U. resultou a adxudicataria por contar coa mellor oferta das dúas que concorreron ao proceso. O prazo de execución das obras será de tres semanas e o prezo final do contrato é de16.434,96 euros, con impostos, financiado con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.