Esta cita deportiva abrangue as categorías base
A décimo novena edición da Copa Sálvora reunirá a 71 equipos de fútbol de todo o territorio galego no estadio municipal da Fieiteira, durante todo o día. O torneo xogarase nas fins de semana do 30 e 31 de maio, con 55 equipos de fútbol 8, e do 6 e 7 de xuño, co 16 equipos de fútbol 11. Abrangueranse así tódalas categorías base.
Durante a súa intervención, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou a transcendencia deste evento deportivo coa participación de pequenos futbolistas de todo o territorio galego, erixíndose como unha “cita moi consolidada no calendario municipal de actividades.”
Neste senso, agradeceu a implicación do Cidade de Ribeira por sacar adiante esta copa e inculcar a importancia da actividade física entre a rapazada. “O deporte é saúde”, salientou.
Doutra banda, Miguel Ángel González, presidente do Cidade de Ribeira, anunciou que participará o alevín do Celta e destacou o nivel do torneo. Tamén puxo de manifesto o esforzo loxístico que supón a organización deste evento e augurou que a copa quede na casa na categoría infantil.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.