Monday 25 de May de 2026

Alternativa visita Castro Laxe


O grupo continúa reforzando o contacto directo coa veciñanza para trasladar as súas demandas ao goberno municipal.

Esta semana percorreu Castro-Laxe recollendo as necesidades da veciñanza e dando continuidade a estas iniciativas centradas na escoita activa e na participación cidadá.

Alternativa fai unha valoración positiva das demandadas solicitadas para outras parroquias con anterioridade, que concorreron en compromisos de actuación do goberno local. O grupo tamén insiste que a veciñanza quere feitos, non palabras.

O grupo matiza a importancia da participación veciñal na vida municipal e anima á veciñanza a trasladar tamén as súas propostas e inquedanzas a través dos diferentes canais habilitados: o teléfono 981 415 610, o correo electrónico, culleredo@alternativadosvecinos.org, e tamén o contacto a través de redes sociais.

Deja un comentario