Malabares con pelotas, equilibrios, clown, humor e contos mesturaranse este xoves, 28 de maio, ás 18.00 horas, na Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de Fene nun espectáculo titulado Circo na biblioteca, a cargo do mago Dani Blanco. A función, organizada no marco do programa Ler Conta Moito, encádrase na conmemoración do Día das Letras Galegas que a biblioteca fenesa xa iniciou a pasada semana cunha exposicion bibliográfica adicada a Begoña Caamaño.
A entrada para este especáculo, dirixido a público familiar, será libre e de balde até completar o aforo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.