As máis de 2.000 persoas que esta mañá ateigaron o Parque da Lagoa de Mera quedaron abraiadas ante a elevada calidade artística do musical Aladdín, da Escola Municipal de Música xunto co Coro La Tremenda Tremolina e unha representación da Escola Municipal de Danza. A interpretación dos 200 artistas participantes foi realmente colosal.
O éxito é o resultado dun importante esforzo colectivo que reside en moitos factores; entre os que destacan a dirección que encabeza Malu Balado, un profesorado tremendamente profesional cunha vocación especial, e o bo facer dos e das distintos artistas.
Este musical volverá representarse o vindeiro domingo 14 de xuño, ás 19:30 horas, en Santa Cruz, na praza Esther Pita.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.