Ofértanse un cento de prazas e pódese optar a un máximo de dous cursos
A Casa da Xuventude comezará a albergar os cursos online dentro do programa Mocidade Formada promovido polo Concello de Ribeira para facilitar a aprendizaxe formal e informal da xente moza maior de 16 anos.
A Administración local abre o prazo de inscrición nesta modalidade formativa de balde que achega unha variada oferta: educación inclusiva e atención á diversidade; manipulación de alimentos; protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia; e calidade pedagóxica das actividades de tempo libre.
“O proxecto Mocidade Formada diferénciase en tres modalidades: as pílulas informativas, a formación presencial e a formación en liña.
Esta última modalidade comezará en vindeiras datas ofrecendo a oportunidade de aprender sobre distintos temas cunha flexibilidade total, a diferentes ritmos e dende distintos lugares e días. E a formación compleméntase co programa de ocio Por fin é finde! orientado á rapazada a partir de 12 anos”, explica a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez.
Existen un total de 100 prazas e as persoas interesadas poden inscribirse nun máximo de dous cursos. O trámite formalizarase presencialmente na propia Casa da Xuventude ou no enderezo electrónico xuventude@ribeira.gal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.