· Como avanza o alcalde, José Manuel Mato, a intención nos vindeiros meses será continuar con esta liña de traballo, impulsando novas obras en varios puntos da parroquia.
O alcalde, José Manuel Mato, continúa referendando o seu compromiso co reforzo da seguridade viaria e coa mellora da rede de estradas. Nesta liña, o Concello vén de rematar unha nova actuación na parroquia de Cores, consistente na reparación dunha vía rural.
Esta intervención dá continuidade a outros proxectos xa executados na contorna e terá continuidade nos próximos meses. Tal e como avanzou o rexedor, o obxectivo é “deixar todas as pistas rurais desta parroquia en perfectas condicións”.
Segundo explicou o primeiro edil, o goberno local seguirá impulsando novas obras en distintos puntos de Cores, concretamente en lugares como Baldaio, Santa Cruz ou Riotorto.
A mellora da seguridade viaria constitúe unha das prioridades do executivo municipal, unha aposta que se está materializando a través de diferentes actuacións distribuídas por todo o termo municipal. De feito, unha vez finalizadas as obras en Cores, o Concello prevé iniciar nos próximos días unha intervención de características similares noutra parroquia.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.