● A propiedade conta con 1.939 metros cadrados de superficie e tres edificacións de 811 metros cadrados construídos
● A adquisición formalizarase nos vindeiros días e rehabilitar para usos culturais, formativos, sociais e xuvenís
O Concello de Curtis dá un paso estratéxico fundamental para ampliar as dotacións públicas na capital do concello, Teixeiro. O goberno municipal, tras acadar un acordo cos propietarios do histórico restaurante Casa Miraz, adquirirá unha parcela urbana que cunha superficie total de 1.939 metros cadrados e que inclúe tres edificacións de 811 metros cadrados construídos. A operación atópase xa na súa fase final e formalizarase legalmente coa firma do acordo nos vindeiros días.
O obxectivo da adquisición é dotar a Teixeiro de novas infraestruturas que melloren a calidade de vida da cidadanía. O Concello xa traballa nun proxecto de rehabilitación integral do inmoble para transformalo nun espazo moderno e accesible que acollerá unha ampla variedade de servizos públicos, con usos culturais, formativos, sociais e xuvenís.
Con esta importante achega ao patrimonio municipal, o Concello de Curtis reafirma o seu compromiso co desenvolvemento urbano sustentable e coa descentralización e reforzo dos servizos públicos. A adquisición da parcela suporá aproveitar un emprazamento clave no corazón da vila para o beneficio de toda a comunidade e reactivar a contorna.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.