A Policía Local comezou a montar operativos na cidade empregando un novo equipo que facilita a detección de irregularidades nos Vehículos de Mobilidade Persoal
O Concello puxo en marcha esta semana unha campaña de control enfocada nos patinetes eléctricos e outros Vehículos de Mobilidad Persoal (VMP), continuando co esforzo por aplicar a nova normativo existente para este tipo de transportes, facendo un maior control do seu uso e fomentando a responsabilidade das persoas usuarias.
Para levar a cabo os controles pola cidade, a Policía Local está a probar un novidoso equipamento que facilita a verificación das condicións técnicas dos VMP en circulación e a detección de modificacións irregulares. Tamén se intensificará o control do cumprimento das obrigas administrativas, como a inscrición no rexistro de vehículos privados lixeiros, dispoñer de etiqueta identificativa e a subscrición do seguro obrigatorio.
“É tarefa do Goberno de Inés Rey e da Policía Local velar pola seguridade da cidadanía. E uso neglixente ou temerario destes vehículos supón un claro risco para manter a seguridade vial na cidade. Por iso é imprescindible facer un esforzo extra de control e seguimento. Un mal uso dos VMP pon en perigo tanto ao propio condutor como ao resto de persoas en tránsito”, subliñou a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Monterrat Paz, que hoxe presentou a campaña xunto a un operativo da Policía Local.
Tal e como recordou a propia Policía, o incumprimento das obrigacións por parte das persoas usuarias destes transportes pode carrexar, alén dunha sanción económica, a inmobilización do vehículo ata que se emenden as irregularidades. No ano 2025, houbo un total de 229 multas a VMP. Ademais, foron detectados 4 positivos en alcohol e outros 4 en drogas. Non obstante, neste ano non houbo aínda ningún caso de positivo en alcohol.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.