A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este venres no Salón Vermello do Pazo de Raxoi a recepción ás persoas empregadas do Concello, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia. No acto participaron representantes de todos os grupos da Corporación.
Na súa intervención, Sanmartín agradeceu aos traballadores e traballadoras municipais a súa dedicación en prol da cidade e sinalou que “todo Concello ten que funcionar como unha maquinaria en que todas as engrenaxes estean ben encaixadas”, polo que días coma este son moi importantes. Tamén tomou a palabra no acto o secretario municipal, José Manuel González.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.