Friday 22 de May de 2026

Bergondo mellora a accesibilidade e seguridade viaria na parroquia de Vixoi


Xa finalizaron as obras de mellora viaria nos núcleos de Miodelo e San Fiz ata a súa conexión coa DP-0801, así como o núcleo de Pisón, unha actuación que permitiu crear itienerairios peonís máis seguros e reforzar a accesibilidade.

 

O proxecto contou cun investimento próximo aos 470.000 euros, con cofinanciamento a través do Plan Único da Deputación da Coruña, no caso de Miodelo e San Fiz e case 43.000 euros de fondos municipais en Pisón.

As actuacións entre Miodelo e San Fiz incluíron a execución de pasos peonís seguros, melloras na drenaxe de augas pluviais, acondicionamento das marxes da estrada, renovación de pavimentos e sinalización, así como a instalación de medidas reductoras de velocidade.

No caso de Pisón ademáis do paso seguro, tamén se mellorou a rede de pluviales para evitar a problemática na época de choivas.

Alternativa continúa impulsando os seus compromisos e valora a imortancia da actuación neste tramo de gran transito diario no municipio.

Deja un comentario