Será no 29 de maio, ás 22.00 horas
O Concello de Ribeira informa de que traslada á praza de España o concerto Fálame así, cántame así que estaba previsto para o parque García Bayón ante a previsión de alta afluencia e para garantir a seguridade e correcto desenvolvemento do evento.
Será no 29 de maio, ás 22.00 horas, con 9Louro como cabeza de cartel, no que tamén figuran a cantante Alddara e os DJ Diego Tercero, Mateo Fajardo e Mateo Abelleira.
Previamente, os participantes no curso de DJ terán ocasión de levar ao escenario o aprendido mas clases.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.