Alternativa criticou o abandono de Unión por Cambre (UxC) do pleno extraordinario solicitado exclusivamente polo propio grupo e que non contou co apoio de ningunha outra forza política.
Os asuntos incluidos na orde do día poderían terse abordado nos plenos ordinarios ou nas comisións informativas.
“UxC abandonou o pleno que solicitou convocar, deixando unha sensación de que o proceso estaba máis que orquestrado para a confrontación política máis que para buscar solucións reais.” sinalou o voceiro de Alternativa, Raúl Varela.
Alternativa lamenta a imaxe trasladada á veciñanza durante a sesión e considera que o debate que intentou liderar UxC foi un espectáculo político enfocado á confrontación, lonxe da cooperación entre grupos que precisa o Concello de Cambre nestes momentos .
“Este pleno serviu máis para evidenciar máis as dinámicas políticas pouco construtivas que para aportar solucións concretas.” afirma Raúl Varela. “UxC abandonou o pleno, do mesmo xeito que o fixo co seu goberno: cando non había máis que enganar, se foron.”
Alternativa dos Veciños recoñece que a situación do Concello continúa avanzando, máis lentamente do desexado, pero considera que o actual goberno está intentando regularizar problemas acumulados durante os 10 anos de mandato de UxC. Pero, “aínda que os problemas veñen de antes, a solución ten que construírse agora.” concluiu o portavoz.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.