Friday 22 de May de 2026

O Concello creará un local para a mocidade nos baixos do edificio municipal de Rabazal


• O novo espazo contará con 140 metros cadrados dedicados ao lecer, a formación e o encontro dos máis novos do municipio.

• A actuación supón un investimento de case 127.000 euros, cofinanciados a través do AGADER, e completa a ocupación da planta baixa do inmoble.

O Concello de Miño creará un local para a mocidade, un compromiso coa poboación nova de Miño, cada vez máis numerosa, que poderá desfrutar dun espazo para lecer, formación, reunións e outras actividades. Ocupará unha superficie de 140 m² na que haberá dúas salas de lecer, aseos e unha oficina de xerencia.

O local xuvenil situarase a poucos metros da pista deportiva de Rabazal, que é desde hai anos un lugar de reunión de mozos e mozas.
Este investimento, que alcanza os 126.932,60 €, é unha firme aposta do goberno local polas políticas destinadas á mocidade de Miño, que se suma a outras iniciativas como o programa de excursións Xuventude en Camiño.

Con este servizo complétase a ocupación da planta baixa, que actualmente xa alberga o Roupeiro Municipal, a base da Policía Local, un bar e a sede da AECC de Miño.

Para esta actuación, o Concello recibe unha subvención de AGADER para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais.

Deja un comentario