Máis de 300 persoas entre alumnado e profesorado do CEIP Maciñeira, do CEIP San Isidro e, nesta ocasión, tamén da escola de Semente de Trasancos participaron esta mañá en Albarón na tradicional festa dos maios, organizada polo Concello. Flores, xestas e outro verde serviron para realizar as creacións coas que a rapazada adornou os troncos das árbores da feira.
O tempo acompañou nesta cita de exaltación da natureza na que non faltou a animación musical, un singular cantaxogos e o habitual reparto de boliños preñados. A festa estendeuse, un ano máis, á escola infantil municipal que nesta xornada preparou o seu propio maio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.