Wednesday 20 de May de 2026

Aberto o prazo de preinscrición para o campamento municipal de verán “Neda concilia”


Desenvolverase durante todo o mes de xullo, e ofertará 90 prazas gratuítas

O Concello abre hoxe dende hoxe e ata o venres 29 de maio o prazo de preinscrición no programa municipal de lecer Neda concilia, destinado a facilitar aos pais e nais a conciliación de vida laboral e familiar durante a primeira parte das vacacións escolares. O campamento urbano ofertará nesta edición un total de 90 prazas gratuítas, tendo preferencia de acceso os nenos e nenas da localidade.
O servizo de atención á infancia estará operativo nas instalacións do CEIP San Isidro do 1 ao 31 de xullo, entre as 8:45 e as 13:45 horas, posibilitando entrada a primeira hora ou a partir das 10 da mañá. E estará dirixido a nenos e nenas escolarizados, de entre 3 e 12 anos.
Organizado en grupos, en función da idade, a rapazada que participe terá cada día nunha morea de propostas diferentes. Así, haberá actividades creativas, deportivas, lúdicas, medioambientais, xogos de auga na piscina municipal… e fomentaranse valores como a igualdade, ou a solidariedade.
Criterios de acceso
As familias que queiran beneficiarse do servizo deberán presentar dentro do citado prazo no rexistro municipal, ben de forma presencial ben a través da sede electrónica, tanto solicitude de preinscrición, que pode descargarse na web municipal, como a documentación complementaria requirida (copia da declaración IRPF da unidade familiar e documentos acreditativos das prioridades que aleguen).
No caso de que a demanda supere a oferta terase en conta, e tras ter en conta o empadroamento, teranse en conta os criterios que establece a Consellería de Política Social, á que o Concello solicitou subvención no marco do Plan Corresponsables en Galicia. Así, “unha vez ordenadas as solicitudes por orde crecente de renda per cápita, en caso de empate, terán preferencia este colectivos”: familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas con estatuto de refuxiado, familias con dependentes a cargo e familias con proxenitores traballadores.

Deja un comentario