Este ano o Festival terá importantes novidades que cambian por completo o evento musical dos últimos anos
Cambre saca a licitación a contratación artística y producción del XXV Festival RocK in Cambre 2016, que terá lugar os vindeiros 12 e 13 de agosto de 2016, no Campo de la Feria. Trátase segundo o concelleiro de Cultura, Ramón Boga, dun xiro evidente con respecto ás edicións anteriores. O prezo de licitación é de 70.500 euros sen ive.
“Este ano foron os grupos locais e asociacións xuvenís as as que colaboraron na elección dos grupos. Este foi o primeiro cambio e o segundo é que serán dous días coincidindo co vixésimo quinto aniversario do festival”.
O concerto desenvolverase durante dous días, o primeiro día de concerto será a noite do venres 12 e o segundo a madrugada do 13 de agosto.
Os pregos da licitación propoñen catro grupos de Rock: Soziedad Alkoholika, O Último Ke Zierre, The Real Mckenzies e The Pink Tones (ou similares en canto ao seu nivel/ caché e estilo musical).
Ademais, haberá unha exposición no Museo Romano sobre a historia do Festival, que xa foi anunciada no pasado ano. Este ano actuarán dez grupos locais, que actuarán como teloneiros, desenvolverán a súa actuación a tarde do venres 12 de agosto (5 grupos) e a tarde do sábado 13 de agosto (5 grupos) en horario aproximado de 19:00h a 22:50h. O caché de cada un destes grupos locais será de 400,00 euros sen IVE.