Protección Civil levou a cabo unha charla na Escola Infantil da Barcala que tiña por obxectivo darlle consellos aos cativos sobre as medidas a tomar no caso de incendio. A charla dirixiuse á escolares e docentes do centro, que escoitaron os consellos dos profesionais do Servizo de Emergencias municipais. Explicáronlles, ademais, a forma correcta de organizar a sáida das aulas en caso de lume. Os nenos participaron na charla de forma activa e incluso posaron nunha foto cos profesionais do Servizo de Emerxencias Municipal. Segundo os profesionais a maior ilusión para os meniños foi a explicación que lles fixeron sobre o funcionamento do camión antiincendios.