O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu a decimosétima xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Silvia Agrafojo, concelleira Igualdade e Servizos Sociais. Unha reunión na que se detallaron as actividades realizadas dende a área de sensibilización en igualdade e prevención da violencia contra as mulleres durante os últimos meses, con especial énfase na programación realizada en torno ao 25 de novembro.
Ademais, as participantes tomaron coñecemento a formación ofrecida dende a Consellería de Política Social e Igualdade para as mesas locais e compartiron información sobre as actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de Lousame e novidades nos procedementos. Finalmente, aprobouse a acta da anterior reunión da Mesa, do 12 de decembro de 2025.
Nesta derradeira sesión participou por videoconferencia a xefa de Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, así como a directora CPI Cernadas de Castro; a enfermeira Centro de Saúde de Lousame; a cabo do equipo VIOXÉN do posto da Garda Civil de Noia; a traballadora social de Lousame; e a técnica da Concellería de Igualdade e secretaria da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.