Tuesday 19 de May de 2026

Culleredo ten servizo de mantemento de vías?


Alternativa insistirá novamente na nefasta xestión do servizo de conservación e reparación das estradas municipais que provoca un deterioro notable da rede viaria local.

A pesar de que a veciñanza continúa a denunciar a necesidade urxente de acometer reparacións en diversas vías do municipio non hai previsións do novo prego ou de retomar a brigada de obras.

Alternativa defende un mantemento equilibrado das infraestruturas en todas as zonas do municipio. E volverá a fiscalizar tanto os avances dados na redacción do prego para o servizo de conservación, como na xestión dos mantementos que está a facer a empresa contratada para tal fin.

Deja un comentario