Tuesday 19 de May de 2026

O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay


 A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, fixéronlle entrega duns obsequios

Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar na Amarella para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes nun ramo de flores e unha placa de recoñecemento polo seu aniversario.
“É unha ledicia ver aos nosos maiores entrar nos 100 anos con esa vitalidade que lle permite a idade e ver que aínda continúan activos física e mentalmente, levando un envellecemento saudable”, en palabras da rexedora.

Natural de Ribeira, Manuel comezou moi novo a traballar no mar, pois con 16 anos iniciouse no marisqueo a flote; oficio ao que dedicou toda a vida.

Agora desfruta dos paseos por Coroso e da súa familia, con quen festexou a benvida ao centenario nun xantar.

Deja un comentario